Centro Gallego de Socorros Mutuos de Comodoro

Centro moi activo ao longo da súa existencia, xa no ano 1924, realizaron a construcción dunha carroza e un palco para festexar os carnavais dese ano.

Celebran cursos do idioma galego con frecuencia, impartidos por profesores que envía a Xunta de Galicia.

Publicaron en 3 ocasións libros aniversario ao cumprirse os 50, 70 e 75 anos da súa fundación.

Realizan charlas literarias, culturais e informativas. Así mesmo, son moi importantes os actos sociais que organizan como: ceas bailes, festas aniversario, xantares anuais.

A súa biblioteca conta cun gran legado de volúmenes, dos que a maior parte están escritos en galego, e ademáis están subscritos a diversas revistas e diarios de difusión periódica.

No ejercicio 1981-91, a iniciativa do seu presidente D. Paulino González Valverde, aprobouse a formación da Subcomisión de Cultura, comezando así una notable participación cultural para coa comunidade.

Esta institución goza de ter a destacada Agrupación Folcórica «Os Obradoiros da Patagonia»