Fundado en xullo de 1923, por un grupo de xente galega, que desempeñaron unha ardua tarefa para organizala entidade e dar os primeiros pasos, que nos seus inicios se chamou “Centro Recreativo”, onde se recordaba a terra lonxana e as costumes propias, sendo o seu primeiro presidente, electo, en asamblea de 30 de agosto do ano citado D. Francisco Arturo Lastres.
O seu local social ten unha superficie de 624 m2, e consta de planta baixa, na que está a cafetería, salón de festas, instalacións sanitarias, cociña, escenario, camerinos, gardarroupa e taquilla; e planta alta con biblioteca, sala de sesións, secretaría, sanitarios e vivenda do conserxe.
En xaneiro do ano 1924, logrouse unha primeira sede na calle Mitre, previa solicitude ao presidente do “Consejo Municipal” e á súa vez, solicitado, como “Sociedad Regional Española de Protección, Sociabilidad y Cultura”, realizándose a primeira asamblea extraordinaria no local do cine teatro “Coliseo”.
A comenzos do ano 1925 adquiren un local de aluguer na rúa Italia 838; e no ano 1927, é cando o Centro compra un solar na rúa Rivadavia, iniciándose a primeira etapa de construcción no ano 1928.
0 21 de agosto de 1938 realízase unha Asamblea para reformar os seus estatutos, coa finalidade de estar encadrados no que prescribe o Decreto do poder executivo nacional sobre as Sociedades de Socorros Mutuos, polo que esta entidade pasa a denominarse “Centro Gallego de Socorros Mutuos de Comodoro Rivadavia”
A persoa de D. Bernardo Paulino Cores, galego, socio moi activo do Centro, chegou a ocupar distintos cargos na Comisión Directiva, e foi presidente dende o 17/5/1964 ata o 1/6/1965. Profesionalmente exerceu de policía, e de corrector e periodista do diario “El Rivadavia”, chegando a escribir un libro referente entre o corpo policial da época, titulado “El manual de instructor”.
No ano 1969, a través do seu presidente D. Manuel Quintas Martínez, comunícase a existencia dun terreo de 12.50 m de fondo por 50 m na rúa España, e con tal motivo convoca unha reunión extraordinaria, para comunicar o custo e a conveniencia para a entidade de comprar aquel terreo e se vende o local na rúa Rivadavia 470, que fora a sede social da institución durante máis de 40 anos. Chégase a acordo, e no mes de xullo de 1974 celébrase a primeira reunión oficial na actual sede social da rúa España. É no mes de maio de 1983 cando se fai realidade o gran soño, coa inauguración do salón de festas, cociña e confitería da entidade.
No ano 1990 teñen lugar algunhas reformas na secretaría e na biblioteca que pasa a denominarse: “Rosalía de Castro”; así mesmo faise novo o salón de conferencias, chamado “salón Castelao”.
Nese mesmo ano é cando se realizan repetidos chamamentos a xóvenes, fillos e descendentes de galegos, e a todos os que quixesen achegarse ao centro, orixinándose unha etapa de unificación co lema: “O Centro Galego é a casa de todos”.
No ano 1992 comézanse as obras do salón de actividades culturais e xuvenís no segundo piso que leva o nome de “Marcelino González”, en homenaxe a un dos socios e dirixente máis salientable da institución.
Obtivo o recoñecemento de galeguidade en abril de 1988; e na actualidade conta cun total de 237, dos cales 130 son galegos.